Reflexións de un noctámbulo

Reflexións de un noctámbulo

-A inutilidade da poesía radica tan só nos filopoetas-

 

Canso de vagar pola "caixa tonta",

embarco na gamela

e navego pola rede.

 

O meu rato-timón bota chispas

de tanto navegar.

 

Percorro as augas da cibernética

na procura dalgunha illa

de interese socio-kultural;

E navego entre virus-tiburóns

que intentan remexer no meu disco duro.

 

Canso de tanto bogar

déixome levar polos ventos da web.

 

A noite vaise fundindo no día

e torno canso de tanto viaxar.

 

Polo camiño atopo peixes de ás quebradas,

son os filopoetas.

Métome na cama e durmo,

durmo,

durmo,

durmo…

 

Manoel Xosé

 

 

 

Filopoeta: Dise de aquel (a) que practica a Filopoesía

Filopoesía: Adorno "ornamental" de cortes académicos

 

 

 

 

 

 

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Buena critica, Manoel, cuando se denuncia una verdad en verso, también se hace filosofía.
Ceneme

Anónimo dijo...

a min non me dí nada

TERESA dijo...

MANUEL COMPRENDO EL POEMA AMI TAMBIEN ME PASA NAVEGO CON EL RATÓN
Y PARO CUANDO NO PUEDO CON EL SUEÑO
UN ABRAZO,TERESA

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.