QUEN GOBERNA SON OS CARTOS

QUEN GOBERNA SON OS CARTOS

 

Nun leito de follas murchas

durmirá o meu corpo quedo,

nunha viaxe sen volta

que vai preparando o tempo.

 

A porta da miña casa

pecharana con cemento,

pero eu fuxirei axiña

por ver si atopara o ceo.

 

Din que alí non hai tristura,

todo é ledicia e sosego,

que non hai pobres nin ricos,

criados nin cabaleiros.

 

Onde non existe envexa,

tampouco novos nin vellos,

alí todos son iguais,

amarelos, brancos, negros.

 

Que deus non escolle razas

para poder entrar no ceo,

quen escollen son os homes

neste mundo traizoeiro.

 

Que ó pobre písao o rico

e ás leis quen ten diñeiro,

o que chaman cacicada

e caciques hai a centos.

 

Quen gobernan son os cartos,

dime ti que non é certo.

 

Isaura Lago

(Segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

3 comentarios:

TERESA dijo...

Isaura querida ,todo lo que yo pueda decir de ti es poco ,eres una gran,poeta y me gustan mucho mucho tus poesias,besiños teresa.

Anónimo dijo...

Isaura, no es que no me guste tu poema, que me gusta, pero me gusta más la verdad que dices, eso es enseñanza para abrir los ojos de quienes todavía los tienen cerrados. Saludos.

Anónimo dijo...

Isaura, toda tu poesía es delicia de agua clara, es remanso, es descanso, es perfume que embriaga. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.