Ó SOLPOR

Ó SOLPOR

 

Ó solpor tódolos días,

cando vai morrendo a tarde,

milleiros de paxariños

loitan por ter un refuxio

e poder pasa-la noite

na camelia do resío.

Ante tal algarabía,

a camelia entenrecida,

un a un, vai acollendo

e a todos da acubillo,

apertando as súas follas

para tornárlle-lo frío.

Entre os seus ramallos verdes

unha estreliña do Ceo,

con sorrisos e aloumiños,

péchalle os piquiños de ouro

e xa non se oie nin chío.

paseniño van durmindo,

arrolados no gran berce,

e o manto mouro da noite

envolve con agarimo,

a árbore e os paxariños.

 

Pepita Nóvoa

(segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.