Velaí o tinglado da antiga farsa,
homes que se erixen en xuíces
e deciden sobor do que está ben,
ou do que está mal.
Fanáticos de concencias "valeiras"
e deuses de cartón
que se cren donos
da súa verdade máis impía.
Velaí o país dos ananos
e as longas noites de pedra,
mestres adulterados
que se erixen en sabios educadores
de aparvados educandos.
Velaí a vosa obra
e o voso anacronismo,
a vosa verdade máis trapalleira,
e as vosas trapalladas máis sinxelas.
Grazas por crer en nós!
-os probes parvos-
Eu resístome a calar,
tal vez porque me peta,
ou tal vez,
porque calando,
afógome neste mar
de tebras e tormentas.
Manoel Xosé
1 comentario:
Magnífico poema, muy duro pero necesario su testimonio. Es la amarga realidad que no se debe callar porque ciertamente ahoga la existencia y la precipita a las tinieblas.
Un saludo
Teresa
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"