PANXOLIÑA DA LUZ
A luz era de ferro,
de brilos de puñais
e de ollos irados
e de lumes do inferno.
O sol era de sangue
e de escravos irredentos,
e a noite era tan escura
que morrían os luceiros.
A terra estaba inzada
de lobishomes e blasfemos,
e como non tiñan alma
de Deus non tiñan medo.
O aire era de chumbo
que afundía os sentimentos,
alá na caverna das tebras
que pechaba a mirada
a soñar novos tempos.
Ata que unha noite
rebeláronse as estrelas
peiteando os seus cabelos,
e polo carreiro que abriron
irradiou unha luz divina
que iluminou o firmamento.
Era a luz da luz
que emanaba do sorriso
do meniño Xesús
que naceu no portal de Belén
para a gloria dos pobres
e para a esperanza dos ricos.
Era a luz do Amor
de Deus recén nacido
que rubía brincando polos ollos
de tódolos nenos do mundo,
os seus amigos.
Serxio López
(Terceira Antoloxía do Grupo Poético Brétema)
3 comentarios:
Sergio, oxalá os ceos se revelen contra toda a maldade e a toleira human non acabe coa humanidade. Ceneme
queridisimo compañero en estas fiestas para algunos tán alegres y para otros tan tristes tu poema es una parada al tiempo,nos hace reflexionar y meditar,gracias Sergio por tu poema.
Fermoso poema pero... onde está a gloria e onde a esperanza?
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"