GALEGO

A todos os que por este recuncho pasastes. Aos que nos criticastes e aos que nos eloxiastes

Remata un ano e con el un ciclo do noso Blog. Pasaron sete meses desde aquel inesquecible mes de xuño no que iniciamos a nosa singradura desde o porto de Vigo, a nosa cidade. Partimos con ventos desfavorables e con rumbo descoñecido, para percorrer os mares deste gran universo chamado Internet. Habemos descuberto lugares e coñecido xentes. Polo traxecto outros navegantes visitáronnos e visitámolos.

O 2008 rescinde o seu contrato coa vida, deixa xa de ser realidade para converterse en lembranza, de ser presente para ser pasado. Atrás quedan os soños das vítimas da violencia de xénero, a gran crise mundial que truxo con ela o despedimento laboral de miles de persoas ou as irracionais loitas de poder e fanatismo. Un ano que porta de táboas as súas contas con guerras e con odios e con mortos… demasiados mortos.

Conclúe un ano e comeza outro. Oxalá que a forza da razón prevaleza sobre la razón da forza, oxalá que os soños e a ilusión convértanse en himno e bandeira mundial dunha nova patria chamada Esperanza, oxalá que a voz dos poetas siga viva no corazón de todos aqueles que aínda se acordan do noso verdadeiro deus: O Humanismo.

 

BRÉTEMA


 

1 comentario:

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Noraboa pola traxectoria da vosa estupenda bitácora, que a poesía e o ben aniñe no corazón de cada ser humano, para que se cumpran as verbas esperanzadoras do voso alegato de fin de ano.
Feliz e poético 2009 para todos.
Unha agarimosa apreta para Brétema.
O voso amigo, Xermán Torres.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.