Cae a tarde na cidade
Tarde de chumbo outonal,
balbordo dunha gran cidade,
camiño perdido por unha grande rúa,
ir e vir frenético de xentes
que semellan ter moita présa.
Nin unha árbore
nin un triste rechouchío dun paxariño,
cláxons irritantes,
contaminación de fumes e ruido.
Nun curruncho un vello músico,
ninguén semella facerlle caso,
ningunha moeda,
todos van á présa,
uns adolescentes a se bicar
con fruición e meténdose man,
nada lles importa.
Cae a tarde na cidade,
luces de neon,
eu só no medio dunha tristura gris.
Moitos pasan ao meu rente,
ninguén se detén, hiperactividade da cidade.
Uns mozos a se drogar,
tabaco, alcohol… Anonimato da cidade.
Moitos pasan con bolsas de plástico
ateigadas de tóxicas substancias.
Todos semellan escapar, foxen.
De que? De quen?
Balbordo que me deixa atordado,
hai moita xente; estou só.
Selva de coches, motos... luces, fume.
Faise noite,
nin unha estrela, ceo de chumbo.
Xa é noite na cidade,
sirenas de ambulancias,
un coche patrulla a todo tren
e eu no medio dunha cidade inhumana
perdido na noite, desexos de chegar a algures.
No meio da noite unha pedra,
unha pedra no meio da noite.
Xermán Torres en Vigo no outono de 2008
2 comentarios:
Xermán, canto mais grandes as cidades, menos humans. Estou dacordo contigo, mais hemos de mostar o sorriso o non ollar o panorama tn negro, despois de todo non somos nada importantes. Saudos. Ceneme
Parabéns polo grupo e por difundi-la poesía. Desde o noso proxecto 12 lúas invitámovos a participar. http://12luas.blogspot.com.
Un saúdo
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"