O SOL
Son un señor moi finchado, dou calor,
déitome cedo, son madrugador,
sen min, todo estaría xeado.
Como unha roxa fogueira
érgome de madrugada
asomando as miñas barbas
e a crecha cabeleira.
Bebo pingueiras de orballo,
bagullas de Lúa Chea,
nas follas dunha roseira
cando aturuxan os galos.
Feixes de raios espallo
por montes, veigas e prados,
estou do Ceo colgando
todo o día coriscando.
Eu son o Sol que alumea,
son o rei da Natureza,
visto de ledicia a terra
crebando nubes e tebras.
Pepita Nóvoa
(Terceira Antoloxía do Grupo Poético Brétema)
1 comentario:
Muy lindo ,un abrazo
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"