MANOLO, fixemos un anaco do camiño xuntos
enfiando verbas,  amolecendo versos.
Fálacheme de Rinlo,
o teu pobo mariñeiro;
e do achado
do nacemento do Miño,
burlando enciclopedias
e xeografías
tan acochado debaixo dun pedregal.
Compartimos tamén apelido
e por iso cando nos atopabamos
o noso saúdo era:
"hola prima, hola primo".
Chegou a hora
de que o grupo brétema
te renda homenaxe.
Eu quero sumar e lembrar
con agarimo
a ese bardo galego
que comezaba saudando
a donas e cabaleiros.
Grazas pola túa compaña, meu cabaleiro.

Rosa María Vázquez Romay

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.