SOMOS MULLERES

Somos un grupo de mulleres moi unidas
que facemos terapia no noso centro,
pasámolo moi ben e esquecemos
as magoas que levamos dentro,
vou facer o retrato delas, comezo:
Con Fernanda, que é falangueira,
fala moi ben é leda e comunicativa tamén.
Rigo e Adelina son unha parella estable,
os dous son moi agradables.
Emilia é a eterna viaxeira moito viaxa esta compañeira.
Esperanza e moi sinxela pensa mais nos
demais que pensa nela, Loli e moi andaina,
por rúas e sendeiros moito camiña.
Merche ten a graza andaluza e moi graciosa,
levase ben con todas esta compañeira nosa.
Meli e avoa primeiriña, sempre sorrindo enfeitizada.
Éster foi mestra e canta nunha coral agora.
Bibi ten moita calma, anda ao seu aire con donaire,
Neves e moi calada, pasa de todo non di nada.
Pilar e moi agradable, amiga de todas, moi estable,
Amparo sempre sorrindo coma unha nena,
non deixa que lle afecten os problemas.
Beba bebe nas fontes do saber, moito lle gusta.
aprender, Fina ben a terapia con ilusión,
nas danzas pon alma e corazón,
Tere pouco ben, ten moito car5go,
con fillos na casa a cousa vai para longo,
Rosa aínda ben menos ten netos pequenos,
María vai o seu pobo e cando ben
nos trae doces que ela fai moi ben.
Fai letras de cantigas de Entroido
e unha fermosa poesía dedicada a nosa ría,
temos catro Carmelas, Carmen Fernández
que e cociñeira e tamén pandereteira
e cantareira, Carmen Iglesias e moi leda
ten moito humor unha persoa de gran valor,
Carmen Pons e unha aboa moi agarimosa
merecente de mais sorte esta compañeira nosa,
Carmen Álvarez e nova no centro non sei moito dela
e agradable e sinxela, Víctor o noso profe naceu bailando
moito se move e nos fai mover a todas danzando,
eu son Candela fago de todo un pouco, todo ben
gústame cantar e teño poesía tamén.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.