Cada nada



Cada nada

Cada segundo sen ti é unha bágoa derramada,
cada minuto sen ti é tempo que non vale nada,
cada hora sen ti é un pesadelo,
cada día sen ti é outro día sen o meu anelo.
Cada solitaria madrugada,
cada noite mal pasada,
cada risa malgastada,
cada vez que facía algo aparecía na miña mente a túa faciana.
Se vía campos verdes non podía evitar pensar nos teus ollos,
se vía o sol pensaba na túa alegría,
se vía a lúa pensaba na túa brancura,
se vía azucre pensaba na túa dozura,
se vía rosas vermellas pensaba no teu fermoso pelo,
se vía estrelas pensaba nas túas graciosas pencas.
Non había noite en que me deitase sen pensar en ti,
non había día que iniciase sen recordarte xunto a min,
non había risa en que non te vise,
non había momento en que non pensase en ti e non sorrise.

Bran Barral

Santiago de Compostela
(A Coruña)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Fran Barral: Toda la nostalgia y el recuerdo en un verso precioso que queda para siempre hasta el final de los dias.
Cordial y atentamente tu siempre amigo.
Félix Loira.

Anónimo dijo...

Barral, tu poema me recuerda aquellos versos,
"cuando cierro los ojos,
tú estás dentro. Hermosa añoranza. Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

Bran : ¡ Qué riqueza de imágenes en el tiempo para revivir sentimientos y qué percepción en la belleza de la naturaleza para personalizarla , en la luz de los astros , en tus versos : Felicidades
María Palacios

Anónimo dijo...

Os teus poemas encantanme

Anónimo dijo...

Un placer leerte poeta.
Leonor

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.