Cada nada
Cada segundo sen ti é unha bágoa
derramada,
cada minuto sen ti é tempo que non vale
nada,
cada hora sen ti é un pesadelo,
cada día sen ti é outro día sen o meu
anelo.
Cada solitaria madrugada,
cada noite mal pasada,
cada risa malgastada,
cada vez que facía algo aparecía na miña
mente a túa faciana.
Se vía campos verdes non podía evitar
pensar nos teus ollos,
se vía o sol pensaba na túa alegría,
se vía a lúa pensaba na túa brancura,
se vía azucre pensaba na túa dozura,
se vía rosas vermellas pensaba no teu
fermoso pelo,
se vía estrelas pensaba nas túas
graciosas pencas.
Non había noite en que me deitase sen
pensar en ti,
non había día que iniciase sen recordarte
xunto a min,
non había risa en que non te vise,
non había momento en que non pensase en
ti e non sorrise.
Bran Barral
Santiago de Compostela
(A Coruña)
5 comentarios:
Hola Fran Barral: Toda la nostalgia y el recuerdo en un verso precioso que queda para siempre hasta el final de los dias.
Cordial y atentamente tu siempre amigo.
Félix Loira.
Barral, tu poema me recuerda aquellos versos,
"cuando cierro los ojos,
tú estás dentro. Hermosa añoranza. Saludos, Ceneme
Bran : ¡ Qué riqueza de imágenes en el tiempo para revivir sentimientos y qué percepción en la belleza de la naturaleza para personalizarla , en la luz de los astros , en tus versos : Felicidades
María Palacios
Os teus poemas encantanme
Un placer leerte poeta.
Leonor
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"