Quixera
Quixera atravesar
a distancia que nos separa
na sombra da noite.
Quixera esquecerte
percorrendo o tempo,
como a hedra que trepa
máis allá do firmamento.
Quixera que voaras
coa forza do vento,
e quedaras pendurado na árbore
onde crecen os invernos.
Pero nos podo, estou presa
da serpe do teu encanto
onde o manto da tristeza
acobíxame, nos teus brazos
e son feliz, nos meus soños,
mais cando esperto, quixera,
que seguiras,
arrolando o meu corpo.
Carmen Darriba
(Grupo Poético Brétema)
7 comentarios:
Carmen, querida: me alegra leer tu hermoso poema que refleja anhelos que se amplían relacionados con ese admirable y tierno despertar . Un beso María
Hermosos versos amiga Carmen, que describen el dolor y la nostalgia de quien sufre ¿tal vez en la ausencia? Con mi afecto, Ana.
EL DOLOR DEL AMOR PARALIZA MUCHAS VECES LAS ILUSIONES DEL ALMA. SUFRE Y LLORA Y EN SU NOSTALGIA LAMENTA Y SE CALLA.
FCO. DE SOTAVENTO- CEDEIRA
O amor é egoísta e exprésalo marabillosamente ben no teu poema, en especial nestes versos:
"... e quedaras pendurado na árbore
onde crecen os invernos"
Como sempre a túa poesía é unha fervenza de sentimentos. O meu parabén Carmen.
Un bico,
Antonio
Carmen, noraboa por utilizar a nosa fermosa lingua nun poema cargado de sentimento e emoción.
As verbas xurden do corazón e expresan fondas experiencias vividas.
Una aperta agarimosa,
Xermán Torres
Felicidades Carmen, por la sensibilidad y sentimiento que recoges en tu poema. Un beso, Elisa
Carme, hoxe temos unha cita no Obradoiro.
Bicos,
Xermán Torres
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"