CARREIROS DA FRAGA

CARREIROS DA FRAGA

 

Casiñas brancas,

castaños vellos,

herbiñas mansas

e pinos secos.

 

Regueiros tortos,

carballos ledos,

nogueiras lampas,

e os pés do vento.

 

Dous corvos calvos,

cos picos negros,

facendo ocos,

nos longos regos.

 

A triste igrexa,

co seu campeiro,

pombas na torre,

e a aguia tecendo.

 

Adeus meus recordos,

adeus meus carreiros,

adeus miña fraga,

adeus meus penedos

e onde alindei,

os meus tres marelos,

e as vacas de leite

nas herbas de trebo.

 

E onde cargamos

os carros de esterco,

os leños de toxo,

máis verdes que secos.

 

Aquí vos quedades

e  nunca xamais

verei o que vexo,

nin o sol que brila,

nin o ceo negro,

nin as albas louras,

do azul amanexco.

 

Aquí vos quedades

meus recordos belos,

meus amores lindos,

meus amores ledos.

 

. .

Aquí vos quedades

dentro destes versos,

dentro deste canto

que ven xa de neno.

 

Aquí vos quedades

meus amados tempos,

meus queridos todos,

que vos levo dentro

a todos vosoutros,

e un amor que deixo.

 

Pois aquí se queda

todo canto vexo,

todo canto sinto,

todo canto penso..

 

Francisco de Sotavento

Cedeira

(A Coruña)

 

 

 

 

 

 

 

 

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Sotavento, unha despedida en vida e o teu canto e lamento, non te despidas tan cedo que teus cantos nos teñen ledos. Saudos. Ceneme

Anónimo dijo...

Gracias meu caro Ceneme.
Penso naqueles rincóns
que tanto quixen
e xa nos vexo.

Quixera volver a ir
e sentarme nos seus leitos.
+++
Mais agora xa non podo
a bicar aqueles eidos.
Os meus osos van gastados,
e o meu corpo xa vai vello.

Gracias querido amigo,
gracias meu compañeiro,
e graciñas por dicirme,
que os meus cantos sonvos ledos.´

Unha aperta de Sotavento.

Anónimo dijo...

¡Manda carallo na Habana, como escriben os de Cedeira!
Santi

jose dijo...

A adxetivación ó poder. Semella unha despedida, como di Ceneme, pero fas rebulir ó poema e a quen o le.
Xabier, esas fotos do pasado, os recordos son teus, ninguén chos pode quitar e vivirás sempre con eles, porque sabes que o mundo é cambiante, está en continuo movemento, como dí Heráclito: "Nunca beberemos da auga do mesmo río". Unha aperta.

María dijo...

Sin alcanzar a percibirlo en plenitud, si viven en tus versos ¡tantos sentimientos que han brotado en tu camino ! y que reconoces que los llevas dentro. Así sientes tan abundante y bella compañía. Con mi afecto María

Anónimo dijo...

Aquí os quedais los recuerdos de toda una vida.Bellos recuerdos,tus rincones queridos,todas las cunas
donde te han "abalado",jamás se podrán olvidar porque la vida se transfigura día a día .Gracias por adelantarte a nombrar los bellos rincones de nuestra querida Galicia.Un abrazo.Manuela.

Anónimo dijo...

Meus queridos amigos a vosa colaboración nas nosas paxinas, faime lembrar a miña querida Terra, mais lonxe do que eu quixera.
Santi

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.