Oda a Rinlo

Oda a Rinlo

 

Entre as fermosas rías de Masma e Eo

medran con poesías Foz, Ribadeo

Nos seus lindeiros, hai un lindo

portiño de mariñeiros.

Pequeño en proporción, pero en beleza

de toda a bisbarra vai á cabeza,

porque agarima ve-lo arrular do mar,

que seus pes bica.

Polas ondas mecido e a floresta

dorme no morno estío, prácida sesta,

sutís ondas velan seu doce sono

ó par que frescas frondas.

Encanta ve-lo fero

león amansado

rendirse surrateiro,

acaríñalo; e máis fascina

ve-lo lamber sumiso

na area fina.

Poñen no belo marco

gráciles notas

a Netuno exornando

níveas gaivotas

e, na enramada,

esparce melodías

a orquestra alada.

En fin, mansión de Deuses,

náiades, ninfas,

sílfides, musas ledas,

suaves ondinas

que, de contento,

saciadas de ambrosía

cantan ó vento

 

Manolo de Rinlo

(Grupo Poético Brétema)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bonito canto a Foz, Ribadeo y a toda la comarca, Enhorabuena, Manolo. Ceneme

Antonio dijo...

Fermoso pobo Manolo e fermoso ese o teu canto, o teu sentir, e admirables e belas esas rias da mariña lucense. Un saúdo, Antonio.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.