A esperanza do mar
Cansadiña de esperar,
camiñei sen rumbo fixo,
encontrei unha alta rocha,
que me fixo de cobixo.
O eco, que dela saía,
moitas cousas me decía,
mais eu non podía oíla,
porque o meu pensamento
voaba máis alá do firmamento.
Cos ollos postos no mar,
pensaba no meu amor,
que nun barquiño marchou,
e nunca máis aquí volveu.
Ondiñas, ondiñas, ondas,
ondas que vos mo levastes,
decídeme por caridade
¿onde foi que mo deixastes?
¡levádeme a súa veira!
ou traédemo para aquí
que eu adoezo de pena,
eu sen el, non sei vivir.
Fina Álvarez
(Grupo Poético Brétema)
4 comentarios:
Maravillosa esa entrañable y maternal sensación de amor y cariño. Un beso, Elisa.
Precioso Fina y comparto el comentario de Elisa.
Un beso. Pilar
Fina, en cualquier lugar que se encuentre te estará escuchando y tus súplicas nunca serán vanas. Ceneme
Fina, en cualquier lugar que se encuentre te estará escuchando y tus súplicas nunca serán vanas. Ceneme
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"