RIOMAO E RIOBÓ
(Ríos e topómimos de Val do Fragoso)
No abrente dun día,
de hai xa moitos anos,
nas augas do Riomao
estábanse lavando
catro meigas porcas
que no aquelarre da noite
chingaran co diaño.
Pero a Inquisición
que velaba polas almas
cachounas decontado
e despois de crueis torturas
foron condenadas,
segundo sentenza dos xuíces,
a morrer queimadas
no cumio do monte Vixiador
entre lume de leña e palla
para que o seu fume pestilente
o vento o levara
e o paraíso sempre verde
das terras galaicas
non se contaminara.
Dende entón as mociñas
de pauto co demo
non queren saber nada
e lávanse no Riobó
e beben na Fonte Santa
e son tan doces e fermosas,
tan garridas e axeitadas
que os mozos sempre van tras delas
polas corredoiras e os camiños
da Galicia sempre máxica,
da galicia sempre meiga
de terras encantadas.
Serxio López- Corona Martínez
3 comentarios:
estimado Sergio, cantas as meigas e a iñorancia e todo iso tems que olvidalo, só a ilustración e o coñecemento poden afastar todolos meigayos. Estou po la verdade nonme gustan os chamáns. Ceneme
Un poema ben fermoso i eses cantos forman parte da nosa cultura. unha boa louvanza as nosas tradicións. Noraboa Serxio.
Como di Pilar, un fermoso poema Serxio propio das nosas tradicións, das nosas raíces. Noraboa!
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"