A MOCIÑA NAMORADA

A MOCIÑA NAMORADA

 

A mociña depenicaba pétalos de margaridas brancas:

"Si me quere, non me quere, si me quere, ¡ai, non, si!",

por ver de se a quería o mociño que ela amaba.

 

A mociña salaiaba de amores a pobre infeliz

cando pola tardiña ollaba para o camiño, ¡ai, ai, ai!,

e non viña o mociño que a facía sorrir.

 

A mociña louzán e fermosa perdía as cores

cando o tempo pasaba, ¡ai, ai, ai!,

e non chegaba o mociño dos seus amores.

 

A mociña garimosa e de ledo cantar, ¡ai, ai, ai!,

agora xa non canta e anda tristeira

porque non vén o mociño do seu suspirar.

 

A mociña algareira e de xeitoso bailar

xa non vai ás festas

onde todos os mozos ían tras ela querendo danzar

porque o mociño que ela quería, ¡ai, ai, ai!,

para lonxe, moi lonxe tivera que emigrar.

 

Dende entón a mociña só ten dor e mágoa

porque sen amores nesta vida, ¡ai, ai, ai!,

non se é nada.

 

Serxio López-Corona Martínez

2 comentarios:

Elisa Rodríguez dijo...

La emigración es un problema que todos hemos sufrido. El dolor y la ausencia, la nostalgia, han sido y son demasiado caros. Galicia siempre ha sido un pueblo de emigrantes, de gentes que se auto-exiliaban para poder sobrevivir.

Soledad Sánchez M. dijo...

Un poema delicioso, absolutamente, musical, como una canción sentida de ausencias.

Enhorabuena.

Un beso.

Soledad.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.