Poeta a machadazos

Poeta a machadazos

 

Ser poeta é vivir de señardades,

é ser de un certo xeito aqueloutrado,

é ter a alma ceibe de maldades,

é darse e partirse en mil anacos.

 

Ser poeta non é o que fan moitos,

na póla do loureiro empoleirados,

que xa se pensan deuses do Olimpo

por rimar catro versos mal rimados.

 

Nin é tampouco por casualidade,

pois poucos son os bos, moitos os malos.

Poeta hai que nacer, non é unha herdade,

non se fai un poeta a machadazos.

 

Mª Magdalena Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.