Quen se recosta baixo o frío desta noite ...

Quen se recosta baixo o frío desta noite
cos seus vestidos de aceiro e de cristal?.
Quen debuxa chagas
sobre o culmen prateado
en pétalos de amaranto e en pétalos de sal?.

O primeiro que arrastre o magma nos seus zapatos;
o primeiro, ese é:
o que foxe
arrastrando a hedra seca nos tacos.
O que rompe o día frío,
xelado,
o que nesga coas súas tesoiras a liberdade.

Quen é o que funde cos seus silencios a aurora
entre as sombras de prata, entre as loces de neon?.
Quen fai de cada amencer un cristal imposible
imitando o breve sono dun reiseñor?.
Porque aquel que diga amor e logo minta,
aquel que semente estrelas e logo negue o seu deus,
aquel… non merece escoitar dos outros o sono
cando se deperdan as nubes e gromo a flor?.

José Ángel

1 comentario:

Anónimo dijo...

Preciosa fotografía, ilustrando la imaginativa creatividad de este poema. Felicidades. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.