SENTIMENTO

SENTIMENTO

 

Non é tan malo chorar

cando é de sentimento.

 

Quero chorar e non podo,

quero querer e non sinto,

quero vivir e dar vida,

non podo, estou seca por dentro.

 

Quero ser como esa pomba

que voando chega ó ceo,

e se perde nesa nube

e chora de sentimento.

 

Quero ser a bolboreta

de cores tan intensos,

bebe o néctar das frores

e non está seca por dentro.

 

Quero compartir coa bolboreta

o néctar que está bebendo,

que a miña alma se empape

a chorar de sentimento.

 

Manuela Fernández

(Segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Manuela, como siempre todos tus poemas, llenos de profundidad y sentimiento, quedarán como "bolboretas no tempo"
Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.