lembranzas

 

lembranzas

 

Lembranzas que eu teño

daqueles teus bicos,

bagullas nos ollos

quedaron sen brillo

 

O tempo devora

tódolos meus medos

de quedarme soia,

sen o teu achego

 

O soños desfeitos

 ó ver os teus restos,

sinto tolería

dentro do meu peito.

 

Ferida a ialma

sen o seu cariño,

morreu miña nai,

vinde meus meniños!

 

A avoíña está agora

cós anxos subindo,

ela érao todo!

 rezade quediño

 

Fuxiu para o ceo

 só o seu espírito,

misterio dos mortos

para os que vivimos

 

Paxaros e flores

 eran seus amigos,

morreu miña nai…

falade baixiño

 

María Teresa Cariño

 

 

 

                                                                                  

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Teresa, precioso recuerdo y respetuoso, para esa avuela tan sufrida y silenciosa. No hagamos ruido. Ceneme

Manoel Xosé dijo...

Un buen trabajo y una mejor poetisa.
Me gusta el poema

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.