DA BRÉTEMA NACIN
Eu levo dentro do peito
os meus versos moi metidos,
nun pozo eu os gardo
como un tesouro querido.
Mesturados teño moitos
e con traballo os quito,
para facer un regalo
a estes os meus amigos
Gústame recitalos todos,
antes teño que escribilos
dándolles forma axeitada
para poder corrixilos.
Ós meus queridos poetas
que o meu traballo escoitan,
quero deixar esta aperta
plasmada entre as miñas notas.
Recibíronme sen máis
Déronme un lugar na horta
Onde plantan a semente
Para faceren tantas obras.
Os venres son para min
Como para o pescador a dorna
Eu por fin teño poetas
que as miñas verbas escoitan
A todos meto no peito
mesturados por igual,
cada verba que eu escriba
vanas todas escoitar .
Gardo tódolos meus versos
como escritora que son
O grupo "Brétema" deume
Un nome como blasón.
Teresa Cariño
1 comentario:
¡Gúau! por Teresa, que preciosidad, muchas gracias, por lo que a mí respecta y al resto de la comunidad. Felicidades. Ceneme
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"