SEN MEMORIA

SEN MEMORIA

(1936)

 

Lastre, lastre é o que tedes,

lastre de mortos nos foxos!

Só carraña de sangue indeleble

levaredes na conciencia

ata que o demo e o inferno vos leven,

ata cando xa non teñades dedos

para apertar os gatillos,

ata cando as pistolas berren de espanto

ao sentir o voso bafo de escoura e de ratas.

Havos esfuracar a condena eterna

e ninguén, ninguén dos que aman a vida

por vosoutros sentirán pena

nin rezarán pola vosa alma

porque nacestes sen ela.

E como fostes lastre

no camiño da Luz e da Historia

nin tan sequera os vosos fillos

vos gardarán memoria.

A vosa relixión foi a dun deus de ira e de morte

e non a do Deus do amor e do desprendemento

aínda cravado.

 

Serxio López-Corona Martínez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.