- E DIN QUE VIVIMOS BEN... E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN -

- E DIN QUE VIVIMOS BEN... E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN -

Hoxe en día
xa non hai rebolucions
os máis ricos
cada día máis ricos son
e os máis pobres
din que o son por falta de ambición.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Cada vez está menos repartido
o pastel do poder
cada vez hai máis promesas e máis enganos
e así temos menos ganas de crer
cada vez o verdadeiro amor
e máis difícil de entender.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Cada vez os alimentos
teñen máis e máis sabores
cada vez bebemos menos auga
e máis alcois de cores
cada vez os curandeiros
dannos mortes moito mellores.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NIGUÉN.

Cada vez consumimos máis
pero nos din que contaminamos menos
cada vez pensando no noso futuro
criamos menos nenos
cada vez hai menos bichos
porque fabricamos máis velenos.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Os ditadores aqueles
xa non están de moda
somos xa tan libres
que nada nos incomoda
pero o certo é que veñen os políticos modernos
e pásannos a súa roda.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

A guerra hoxe en día xa non se declara
porque xa se pode matar de fame
a oportunidade non é sempre para o que a necesita
senón para o que a boa porta chame
e o que critica este sistema
chámaselle intrigador e infame.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Os inquisidores caciqiis son
os que atormentan os nosos pobos
impóndolles impostos
e roñándolles como lobos
lles din que que lles quitan os tributos vellos
pero sempre pon outros novos.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

A relixión no canto de unir
enfronta a toda a xente
sempre no seu nome
matouse e torturouse a moito inocente
e tamén no seu nome aínda hoxe en día
peléxase equivocadamente.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Temos coches moi potentes
que corren unha barbaridade
e convertémolos en armas
sementando a temeridade
morremos sen pensalo
e con moi pouca dignidade.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Nuns lugares chove sen parar
e noutros nin orvalla
cada vez hai menos sombras
e máis sol que escaralla
porque o certo é que cada vez o lume
estende máis deserto e máis borralla.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Os buracos do ozono
estannos condenando
e de tantos gases que espallamos
xa temos a Deus espirrando
tanto estado do benestar
acabaranos matando.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

A auga
esta clorada
e a viña e a frota
sulfatada
e así a vida nosa
de natureza xa non ten nada.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Os homes andamos a deixar
a nosa pegada en cada esquina
andamos a sementar o mundo
de malévola ruina
andamos a xogar en fin
coa pólvora da China.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Din que non hai que estar gordos
que hai que estar fracos máis ben
dinnos que comamos moitas verduras
e menos carnes tamén
quizais por todo isto os que teñen máis saúde
son os que non teñen un ren.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Os delincuentes que ben viven
a xustiza trátaos con ternura
por iso hai tanto descarado
e tantos que viven con usura
a vida entre tanto folgazán
faise un pouco dura.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

Tanto ladrón con gravata
xa nos ten moi fartos
sería mellor para todos nós
que houbese mellores repartos
pero xa se sabe que a certas mans
péganselle os cartos.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

As autoridades
mídennos de forma diferente
a uns
párannos de repente
e a outros
os saúdan prudentemente.
E DIN QUE VIVIMOS BEN...
E QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

E así pois todos nós
algún día habemos de morrer
os poderosos quixesen para eles
que isto non tivese que acontecer
pero eles como nós
tamén se han de podrecer.
E SEGUEN DICINDO QUE VIVIMOS BEN...
E SEGUEN DICINDO QUE NON SE QUEIXE NINGUÉN.

SENÉN CAMPOS MACEIRAS
A ESTRADA - MARZO DE 2.OOO

1 comentario:

Laura (Martorell) dijo...

Que mas da quien nos gobierne
si todos hacen lo mismo:
robar y robar al pueblo
y abocarlo hacia el abismo

Laura, desde Martorell.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.