Coma un xoguete roto

Coma un xoguete roto

a rosa malferida polos cristais do tempo...

buscaba a liberdade pero a liberdade non voa,

seguía a senda escura

que apenas podía palpar nas súas brancas mans de paxaro.

 

Era coma un xoguete roto...

vagando polas rúas cos seus vestidos deformes

e mucios

que nun tempo finxiron soster castelos,

aínda que eran fríos e xélidos

no fondo.

Outros xoguetes xuntáronse con él

na ribeira do río, cando as augas estaban quentes

e tendéronlle as súas mans de prata

e de ouro.

E desa xuntanza manaron augas infestas,

augas doces...

Coma un xoguete roto

buscounas nos mesmos cauces que encheron a súa pel de debuxos

e de formas.

E sentíuse ben ó descubrir xunto a elas a mañá

e sentir os copos da choiva ... pero non atendeu

nin ó silencio

nin ás tebras que brotaban dese silencio

confuso.

Por iso deixou de crer no universo

e naquela relación estraña que entre eles xurdira

e alumeaba o seu camiño de xoias e de perfumes.

Era coma un xoguete roto, malferido,

botándose a un precipicio de soños e de loucuras,

crendo que nel estaba a esencia.

 

E non quixo fuxir máis:

a súa pel estaba espida, a súa alma... non sentía xa

as flores caer das árbores como as sentía antes

nin o mesmo brillo que outras mañás sentira

ó seu redor.

Era un xoguete só, malferido,

coas súas ás desfeitas.

 

Jean Carballo

 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Xoguetes, ou marionetas...
o final xa nada importa. A droga, a maldita droga, fai estragos en aqueles que se ven engaiolados nas suas longas mans de morte e falsa iusión; peleles que vanse facendo anacos como ese xoguete roto que mencionas.

Anónimo dijo...

Si, todos temos algún xuguete roto, malferido, sintindo moitas veces que estás sendo manipulado. ¿por quén? po los amigos, os que mandan ou a sociedade que che pon cadeas. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.