Cadeiras de pedra

Cadeiras de pedra

na noite das tebras.

Brétema no solpor,

e homes que loitan

contra un lume de berros

na fraga do inferno.

 

Pantasmas que arrecenden

a carón duns feixes

de palla mallada…

 

¡Escóitate neno!

e chora bágoas ó pé do carballo…

¡Berra!

Espalla o teu aturuxo

de fungar morriñento,

e lémbrate daqueles antergos

que, antes ca ti,

foron malditos ó longo dos tempos.

 

-Manoel Xosé-

1 comentario:

Anónimo dijo...

Podes facelo mellor. Eres bo e sabelo, aproveita os recursos que tes, e non che deixes levar polas verbas daqueles que soio pretenden que non chegues a ningures. O poema non enche, faltanlle recursos. A páxina e moito mellor do que eu esperaba. Noraboa o Grupo. Unha aperta dende Celanova.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.