A BELEZA DUN POVO

 

¿Por que estas morrendo Galicia?

Se nas túas terras hai riqueza

e ti es a nai desta vila

tan entrañábel e mariñeira.

 

Tes uns mares de envexa,

a casta de un antigo folclore,

ese sol que nunca nos deixa,

a beleza perenne dos horizontes.

 

A choiva e o símbolo da riqueza,

o mana de un pobo feiticeiro,

a zume dos deus para a grandeza

neste leito cheo de amor e agradecemento.

 

¿Por que agonizas no teu lar?

Se as fontes dos recursos seguen manando

e contas con esa terra e mar

que te seguen loando.

 

¿Quen osa poñerche fronteiras?

mentres vai negando a túa existencia,

depreciándote sen darche tregua

nesa loita tan ancestral.

 

¿Quen se atreve a romper o teu mapa?

a enterrar o fuero da túa historia,

a burlar outra batalla...

con aires de patriota.

 

¡Tristura! Para esta gran terra

Que vive ceibe no mundo

e non concibe a blasfemia

de eses chamados corruptos.

 

¡Bagoas! de impotencia derramadas,

a escravitude como punto final,

a desolación dunha batalla

o choro dun neno o pasar.

 

¡Delirio desta Galicia orfa

prisioneira da era do vicio

onde todos doan a esmorga

do recuncho do seu sacrificio!

 

Xira choroso o rumbo do vento

mentres os rumores destellan ameazas,

cal frecha que suca os ceos

que axita de novo as armas.

 

Dor alleo da discordia,

a bruxula dun tempo pasado

a actualidade da memoria

a reclamación do que levaron.

 

¡Alma de guerreiro axitador!

A incongruencia de buscar un onte

un sereno buscando a razón

coidando dun mundo o revés.

 

Leito de algodón dos culpables

farrapos e deprecio para o inocente,

a blasfemia de pasar fame...

prometendo algo diferente.

 

Inxurias que levan a máis inxurias,

un horizonte cheo de mentiras,

un látego enchendo as tumbas,

por unha terra prometida.

 

¡Que o raio non rompa os logros!

¡Que non se quebre o lecer da vida!

¡Que siga a unión dos pobos...

E volvera a ser grande, a nosa Galicia!

 

Amante Romero Álvarez

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.