MELANCÓLICA CHOIVA

 

Melancólica choiva do outono

no ciprés da túa mirada,

coma na canción a balada

que mana dende o máis fondo.

 

…E coma una ninfa namorada,

que vive tan chea de amor…

polo seu pretendente amada

con arrolos de trobador.

 

O ceo mana sentimentos

do talismán da súa fonte,

que regan o latir de un peito

con unha tenrura moi forte.

 

Fóronse  a durmir as andoriñas,

as follas  mécense no ouvido,

o vento azouta as esquinas,

o árbore perdeu o seu vestido.

 

…E ti e eu, contemplando ese instante!,

o máxico das estacións,

o latir da choiva nos cristais…

o vento sementando emocións.

 

Que fermoso tempo de en soño!

onde o tacto e a caricia…

e na mirada esta o fogo…

que de preto nos ilumina.

 

O noso barco sobre o mar

bogando libre no  tempo,

sen máis voz que a do lamento

da nosa gran felicidade.

 

…E nos dous guiando o temón

neste océano inmenso,

sen máis luz que a razón…

dun amor grande é eterno.

 

Fóronse amor as flores,

quedan espidos os tallos,

pero aínda viven as cores…

no noso amor namorado!.

 

Foise a doce primavera

e con ela foise o verán,

pero o outono nos leva…

a outro ano que vira!.

 

¡Xa se mira a luz de novo!

os raios do sol xa destellan

e traen para nos dous o acougo

nesta noite tan bela.

 

Que esta noite non sexa de tristura!

que sexa coma outra noite calquera,

que cada estación ten a dozura

que as outras crea envexa.

 

Amante Romero Álvarez

Grupo Poético Brétema

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.