TRAS OS
VIDROS
Tras os vidros vexo como
cae a choiva miudiña,
tamén chove na miña alma
que ten tristura e morriña.
Cavilando nesta vida tan
angosta que tanto vivila costa,
déixome levar pola angustia,
caio nun pozo sen fondo.
E un camiño longo, moi longo,
sinto que hai perigo e digo:
¡Esperta, érguete, segue o camiño
ata o alen do destino!
Candela
Fernández Mouriño
Grupo
Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"