NA NOITE DOS TEUS OLLOS

No meu andar vou indo, paso a paso,

de cando en vez, mais lento no camiño,

por eses estreitos cheos de lembranzas

 de tantos que xa non veñen comigo.

 

O vento remexendo entre os piñeiros,

batía contra o inverno enfurecido,

polos regos da chuvia ían,

 caendo da miña soidade

 os meus suspiros.

 

Agárranme do peito a señardades

medrando  meu carón cal  desafío,

 en esta dor da ausencia que me fire,

como ei de sosegarte meu sentido,

aquel meu doce ollar, onde te fuches,

soa boias tras a névoa a coito,

 de aqueles trelecer na miña vida

daquel lume de amor, so queda frío.

 

Un tempo que me estreita preceiro

 pechándome a gaiola de meus soños

encadeando feitos mergullados,

Seméntame a desgana nos miolos,

Apártame cal fose un garabullo,

E déixame sen guía o corpo todo,

Coma una folla murcha que rebola

Vaime estibando o vento  nese encoro

 

Xeándome  esta neve esta friaxe,

Nesta vola de lixo fedorento,

                                       onde o teu lume amor,            

xa non te atopo na noite,

dos teus ollos vou morrendo.

                                                                                             

Isaura Lago Álvarez

Grupo Poético Brétema

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.