MEU ANXO
E chegou xaneiro coa súa
sarábiela
cheo de agasallos e cós reis
magos
naciches ti, meu
pequerrechiño,
cos olliños pechos e sen
cabiliños.
Tomeite no colo, enchinte de
bicos,
chegastes sen roupa tremías
co frío,
as veces pensando naqueles
tempos
ao carón do berce do meu
fillo primeiro.
Fágote un poema aos trinta e
tres anos,
un longo camiño de noites
falando
de cando eras pequeno, vaguei
nos recordos,
axéxanme as bagoas, meu fillo
nos ollos.
Das mesmas entrañas suspiros
saíron,
por todo este tempo sempre
sorrindo,
ser coma ti es, de fonda
tenrura,
es o meu anxo que dorme no
berce.
Teresa
Cariño Davila
Grupo
Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"