POMBIÑA NOVA
Pombiña
nova, de as longas
fuxindo
sempre, a outros lares,
quero ser
paxaro hoxe
voar ao
teu carón para bicarte.
Cumpres
vintenove anos ¡miña filla!
xoíña sen
a túa nai…
lonxe
estás, naquela outra patria;
¡Pombiña
, torna ao teu lar!
Cando náceche
meu ben
a miña
alma estoupou da amor,
e cada
ano que pasa
medras no
meu corazón.
Tres
rosas ten o meu lar,
cada unha
da o seu arrecendo
de
mañanciña con amor as rego,
para que
non se muchen co tempo.
Pombiña,
pombiña nova,
torna ao
teu lar.
Teresa Cariño
Davila
Grupo Poético
Brétema
2 comentarios:
EXCELENTE POEMA QUE CANTA A MELURA DA MIÑA ALMA, QUE ATÉ CHORAN AS CARRICANTAS DE MELANCOLÍA... POLA POMBIÑA DA TÚA CASA
UN SAÚDO DONA TERESA
Gracias Xavier,es muy agradable tu comentario ,un abrazo
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"