QUE SABIA E A NATUREZA

 

Que sabia e a natureza,

con campos, montes

ríos, mares e fontes,

nos ríos escoitase

musicar a auga,

limpa e transparente.

 

Esvarando polos pelouros

cuberto polo verde musgo,

lavada pola corrente,

forma fervenzas cando

atopa unha pendente

pola que escorregar.

 

Os arbores froiteiros alimento

dos paxariños que cheos de ledicia

chirlan asubiando contentos,

non teñen fin, semella unha

orquestra de violas e violíns.

 

Lémbrame a lenda de San Ero

que foi un frade  moi boíño,

unha maña saia do mosteiro

paseando polo bosque, escoitou,

cantar a un paxariño,

quedando extasiado polo canto

daquel merliño.

 

Candela Fernández Mouriño

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.