TEMPOS ANTERGOS

Veñen a min os recordos
daqueles tempos antergos,
cando sucaban os mares,
aqueles bravos mariñeiros,
que ían cara as Cíes,
naquelas lanchas do xeito
para gaña-lo sustento.
Eran tempos lánxanos
en que todos os mariñeiros,
tiñan as mans de madeira
de tanto agarrar os remos,
para navegar por la ría.
De tanto bogar e bogar,
lles suaban ata o corazón,
para ir e vir do mar,
naquelas lanchas do xeito
que tiñan os mariñeiros.
Daqueles tempos antergos,
e moito o que se lembra
este vello Anselmo que,
nas noites sen lúa
todos pescaban o xeito
as sardiñas pola ría
cando a fame do mar
viña nas patelas da vida,
coa esperanza durmida.
Hoxe xa todo cambiou
temos o mesmo mar,
pero non temos mariñeiros,
pero aínda quedan en chapela
os que están no club de remo,
que son o recordo perpetuo
daqueles homes do mar,
que alegrándose o velos remar.
Chapela segue remando,
con forza e con valor,
so nos herdeiros
daqueles mariñeiros
que xamais esqueceremos.

Anselmo Prada León
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.