MEU ANXO

      E chegou xaneiro coa súa sarábiela
      cheo de agasallos e cós reis magos
       naciches ti, meu pequerrechiño,
        cos olliños pechos e sen cabiliños.

        Tomeite no colo, enchinte de bicos,
        chegastes sen roupa tremías co frío,
        as veces pensando naqueles tempos
        ao carón do berce do meu fillo primeiro.

        Fágote un poema aos trinta e tres anos,
       un longo camiño de noites falando
       de cando eras pequeno, vaguei nos recordos,
      axéxanme as bagoas, meu fillo nos ollos.

       Das mesmas entrañas suspiros saíron,
       por todo este tempo sempre sorrindo,
         ser coma ti es, de fonda tenrura,
          es o meu anxo que dorme no berce.

Teresa Cariño Davila
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.