QUIXERA
Quixera atravesar
a distancia que nos separa
na sombra da noite.
Quixera esquecerte
percorrendo o tempo,
coma a hedra que trepa
mais alá do firmamento.
Quixera que voaras
coa forza do vento,
e quedaras pendurado na árbore
onde crecen os invernos.
Pero non podo, estou presa
da serpe do teu encanto
onde o manto da tristeza
cobízame nos teus brazos
e son feliz nos meus soños
mais cando esperto, quixera
que seguiras
arrolando o meu corpo.
Carmen
Darriba Amoedo
Grupo
Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"