SANTIAGO

Nacín e vivín diante dunha fonte

a que esta dedicada en Santiago

a Cervantes, o Manco de Lepanto,

na praza de san Bieito do Monte.

Desta cidade herdei o seu nome,

ao seu Santo fun encomendado.

Da cidade e Santo foime dado

querenza a campos, pedras e estrelas,

que Santiago tamén é Compostela

ao Campus pétrea polo sollado.
A pedra en Santiago é una arte

nos muros, sollados ou monumentos,

a pedra é en Santiago sustento,

está viva en el por tódalas partes.

A pedra a súa clase reparte

por currunchos, corredoiras e rúas.

Nas noites ven reflectirse a lúa,

atopa na pedra o seu espello

onde poder pregar o seu desexo,

trocar Compostela por Campus lúa.

 Santiago González Brañas

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.