DESILUSIÓN

Camiñando, camiñando
cheguei a Belén moi tarde
debido a neve e ao vento
que fixo duro a viaxe
dende non se sabe,
para achegarse ao portal,
calquera sitio está lonxe,
o importante é chegar,
máis cal foi o meu desencanto
ao ver o portal desfeito
pois fuxiran de contado
porque Herodes tiñan medo,
soamente estaba o burro
e o boi ao seu carón
que me deron o seu calor,
co seu bafo quentáronme,
pregunteilles, non souberon
contestar miña pregunta,
fixeron coa testa un xesto
que indicaron: máis alá.
Quedei moi decepcionado,
canso daquela viaxe
non puiden ter o gran gusto
pois ao neno non atopei.
Téñome que contentar
vendo a Sagrada Familia
toda xunta nun altar
nesta festa do Nadal.
Son figuriñas de barro
ou son tallas de madeira
que con ríspeto adoramos
no Belén que hai na igrexa.

Mariano Marcos de Abalo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.