POETAS PARA EL RECUERDO

TEMPUS FUGIT
-ENSAIO APOÉTICO EN RE MENOR-


Morre a noite nas soleiras do silencio
e as rúas trousan os seus segredos máis ocultos.
A mañá é un caldeiro de lixo reciclado
e os heroes son profetas do esquecemento.
É a hora dos trasnos
que se limpan en piletas de residuos radioactivos.
Esperta a cidade do seu sono mortal
e os bardos derraman as súas verbas
na xungla do asfalto.
O tempo é un intre que se afoga na lembranza
e o presente é un acto de civismo involuntario
A vida cabalga coa
nordesía
nunha carreira de suicidio colectivo.
Cabalos de morte na alborada
e rosas malditas,
rosas, só rosas…
rosas ó riscar o Alba

Manoel Xosé Olveira Hortas (+)
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.