SAUDADE
Teito da miña casiña,
trenciñas do meu tear,
mallo de mallalo trigo,
cabaneiro do meu millo,
panca do meu lagar.
O temoeiro do meu carro,
a trilla acaba con el,
nin sequera ten fumeiros,
o eixo teño a arder.
Non lle queda tentemozo
e xa caricia non ten,
os cancelos están de adorno,
e a cabezalla tamén.
Fina Álvarez (+)
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"