MANOLO DE RINLO

Polas mareas do vento
vai un poeta daca,
nunha gamela de soños
rumbo a onde tantos xa están.
Foi da cidade de Vigo
de onde o viron zarpar
entre cantigas e versos,
que ia espallando o serán.
Cantigas que él nos cantaba
versos da súa propia man,
sempre na fala galega
na fala da terra nai.
Poeta de Rosalía
Curros Enriquez Breogán,
de Celso Emilio Ferreiro,
de Cunqueiro, Castelao.
Manuel Vázquez o seo nome
para tantos coñecido
na súa faceta artística,
coma, Manolo de Rinlo.
Alí por onde te atopas,
mándoche o meu agarimo,
descansa en paz compañeiro
poeta de Brétema, amigo.

Isaura Lago Álvarez
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.