FOCHESTE SEN UN ADEUS

Sorpréndecheme,
meu amigo, verte ultimamente tan temeroso
onde as túas pupilas, derramaban gotas
de sincera tenrura.
Con ansia infinita,
de non verte vencido.
Unha palabra, sae do teu peito,
apenado onde a humildade segue presente,
onde a saudade,
resístese ao fracaso
dun tempo morto,
convertido en lamento.
Fúcheste, meu amigo,
sen un adeus,
un simple ata logo.
Eras inimigo do misterio,
cando a túa valentía superaba
o agobio do tempo.
O teu ríspeto era nobre,
coma nobre,
era a túa poesía,
sempre recitabas en galego,
a nosa lingua querida,
recitabas con grandes sentimentos,
que so o teu corazón sentía,
Recordarémoste, sempre
querido amigo,
mergullados
no reloxo, do tempo.

Carmen Darriba Amoedo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.