OUTONADA

Tempo de magostos ledos,
bieito tempo de outono,
e despedida do inverno.
Sanmartiño de novembro
para matanza do porco,
no inverno rexo sustento
dun melancólico ocaso
todo cheo de armenias
no mar e no noso campo.
Galiza, a paso lento
rexorde do lume acedo,
que nos trouxo o mesmo inferno.
Esta armonía e tempero,
que gozamos nesta terra,
nona hai no mundo enteiro.
Pois, da fame o desespero,
fai que millentos de homes
se lancen contra un mar fero.
En procura de sustento
e traballo ventureiro,
seus corpos na auga perdendo
peor que emigrantes galegos,
nas bodegas dos cruceiros,
neses caiucos negreiros.
Atopan nesta Europa,
no canto dun Eldorado,
a Unión que se está facendo.
Noutros países lonxevos,
pero en realidade pretos,
noxentas guerras do demo.
Onde, de irmáns milleiros,
loitan cruz e media lúa
de sangue as rúas enchendo.
Os millóns de refuxiados,
nun formidable concerto,
que foxen de mil tormentos.
Centos de orfos famentos
de África nas súas praias
e tamén nos seus desertos.
De exiliados a centos,
de homes e de mulleres
cheos de mil padecementos.
Outono galego,
de doces temperos,
non deixes que o mundo
nolo leve o demo.
Manolo de Rinlo (+)
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.