MANOLO DE RINLO
GALEGO POR EXCELENCIA

Querido amigo Manolo,
souben da túa partida
xa cando te fuches,
non querías molestar
con tristes a deuses.
Eras un defensor da nosa lingua
a lingua galega,
que na alma e no corazón
a levas.
Xa dicías nun dos teus poemas,
o galego falabas,
era a lingua da túa terra
e con ela te habían te enterrar.
Era tanto o amor que sentías
por esta nosa Galiza
que nunca outro idioma
che sentín falar.
Manolo, amigo,
déixanos un oco profundo
no noso corazón,
un sitio baleiro na mesa de
Brétema.
Compañeiro,
todos acabaremos
no mesmo lugar,
uns antes outros despois
o mesmo camiño recorreremos,
dálle recordos a os que
antes que ti, xa están ala.
Manolo de Rinlo,
nunca poderemos esquecerte
e en falta votaremos
os teus cantares.

María Luisa López
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.