¿QUÉ É A POESÍA?

Qué é a poesía,
a poesía está na natureza,
o que ha sinte fala da súa beleza
hai poesía en ver un naipelo
no colo da nai dándolle de mamar,
pasándolle a man polo cabelo,
para o acariñar,
cando queda durmido
con que tenrura o pousa no berce,
arroupándoo con moito coidado
para que non esperte.
Hai poesía nos ollos dos namorados,
non cansan de ollar un para outro
semella que están enmeigados.
Poesía e ver un solpor
agochándose no mar,
o sol de cor vermella,
está tan baixo que fai tremer.
Poesía e botar o maxín nas ás do vento
a voar e soñar deixándose
polo soño levar
aínda que logo polas obrigas
da vida teñas que espertar,
hai poesía na cantiga
da bolboreta que vou cantar,
bolboreta de fermosas cores,
volveras a min tal vez un día.
cando veña o inverno e as flores
non teñan arume nin sol nin ledicia,
eu descansarei as túas cansas ás,
e xunto o meu peito dareiche calor
por elo bolboreta que voas sen rumbo
saberás que eu quérote co corazón.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.