XÚBILO

Agora estou xubilado:
“non volva vostede a traballar,
e para que vexa quén somos
e o mal que vostede o facía,
por iso ímoslle pagar”

E aquí me teñen a min
dedicado a bolsa e banca;
nesta para me sentar
aquela para facer encargas.

Nin vello de Celso Emilio,
deitado xunto do mar,
nin velliño currosián,
que non ten onde morar.

Agora gastar zapatos
e ler ó poeta Ovidio,
pois este só desexaba:
un “mediocritas”, latino.

Ademais a min con viño.

Manolo de Rinlo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.