SEPTEMBRO

Nos bacelos é a recollida das uvas
licor de deuses que se fai cando
están maduras,
na Ribeira Sacra hai milleiros
de bacelos todos en vertical,
son montes que os labregos
sementaron e hoxe en dia e
un paraíso natural,
onde recollen centos de cestas
de uvas de toralas clases,
o Albariño, o Mencia e Espadeiro,
Treixadura, Godello, e Loureiro,
Caíño branco, Caíño tinto, Torontes,
Brancellao, Sousón e Marques.
Os bacelos chegaron das mans
dos monxes de Cluny, alá polos
séculos doce e trece.
A vendima e un ritual que vale a pena ollar,
os tempereiros despois de vendimar,
cargar coas cestas o lombo e as
levan os raies para as costas baixar,
os que están abaixo cargan o camión
que as bodegas van levar
e un deleite velos a todos traballar

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.