AMAR POR AMOR

Perdóame, por haberte querido tanto,
por quererte máis ca miña vida...
pero..., non puiden evitalo
cando mirei o teu sorriso.

Perdóame, por sentir tanto sentimento,
por repetir a verba, quérote,
por recordarte nos intres
cando en verdade, te votaba de menos.

Tal vez chegue tarde meu perdón!
pero ao perdoar libero o meu choro
e non atopo outra razón...
ao recordar a quen amei tanto.

Non podo máis que esquecerte por quererte,
aínda sabendo que nada e eterno,
pero a tristeza de ter que perderte
e o molde que rompe meu reto.

Canta vida perdida por nada!
prisioneiro dun choro de esquecemento
sen máis destino que a esperanza
cando se rompen os obxectivos.

Querer, e a virtude do namorado
que da a súa vida por amor
polo desexo do ser amado...
que un día quixo e amou.

Quedan tan lonxe os intres felices!
que de onte a hoxe, hai un abismo,
camiñando por sendeiros difíciles
fraguando o que foi o destino.

Aínda ase foi todo tan fermoso
e non quero saber que te fuches,
porque o que valoro no fondo
foi o moito que te quixen.

Fúcheste das mans,
non puiden deter o tempo,
nin un adeus ao separarnos,
nin un aperta para o recordo.

Ameite tanto sen ti sabelo!
dende o refuxio dun corazón solitario,
que ama e vive cada intre
ao sentirse namorado.

Ámote tanto, miña voz silenciosa
que dende o seu dor chámate
con un mensaxe no corazón
que morre na distancia...

Perdóame, por non estar a túa altura,
por deixar morrer meu sentimento,
por construír a dubida
que crea un amor sincero.

Tantos anos amando algo querido?
observando como a afastada estrela,
que aínda vivindo nesta terra...
non lle demostrei cariño.

Funme minguando cos anos
vivindo coa nostalxia...
dun frustado namorado
que fuxiu da súa amada.

Amante Romero Álvarez
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.