Xente
Escudos de carne e óso,
fronte á realidade dunhas cabezas ocas,
cos miolos picados,
oxidados e cubertos de po.
Carne e óso contra o mundo,
no que os corazóns tras eles so son morralla,
so mediocridade tinguida de algo,
canalla e canallada a do que chaman Deus e eu chamo nada.
Carne,
perdición e salvación do home,
machista porque así o fixeron,
porque algún pai o quixo.
Óso,
que se astela a cada paso,
que cristaliza coa idade,
pra ser so po ó romper coma o xeso.
Carne e óso que so cobren tripas,
intestinos sen destino máis que ser noxentos,
exentos de todo atino,
sen máis valor que os croios que atopas no camiño.
Cráneos tan baleiros que arrancados dos seus corpos son, fan e valen pro mesmo:
REN

Bran Barral
Santiago Compostela
(A Coruña)